A pesar do día gris, na casa niño Os Paxariños enchémolo de música e cor.
Co baile os cativos integran os nosos movementos e os nosos xestos. Cando bailamos co neno/a mostrase moi interesado,
observa os movementos e intenta repetilos. O baile require un gran control da musculatura porque haberá que empezar
e rematar un movemento o ritmo da música. Ademáis o bailar dentro do cadrado aprenderá os conceptos dentro-fora.
Os nenos/as responden sempre con alegria, placer e entusiasmo ante o baile.