Os Paxariños é unha casa niño que nace baixo o plan de Casas niño da Xunta de Galicia.
Atópase situada na localidade de Prado de Miño , no concello ourensán de Castrelo de Miño
, enclave privilexiada polo seu entorno natural, rodeado de impresionantes viñas e con unhas espectaculares vistas ao río Miño.
Ten un carácter totalmente gratuíto , e atenderase na modalidade de atención diúrna e de luns a venres durante todo o ano, agás os días festivos
, e un mes cada doce, no cal a casa niño permanecerá pechada por vacacións.
A casa niño ofrece unha atención integral e personalizada a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos
, a cal comprenderá a atención específica das súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coa súa
idade e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social. A este respecto deseñarase e
organizarase un ambiente que faga posible a construción das primeiras aprendizaxes de identidade e autonomía persoal,
de relación co contorno e de comunicación social, sempre en estreita colaboración coas familias.
A atención prestada comprenderá o servizo de cociña (quentar alimentos), a hixiene dos nenos e nenas
e o desenvolvemento de
actividades de tipo educativo, como obradoiros e xogos e acompañamento no xogo libre. En todo caso serán achegados polas
familias tanto o leite e alimentos xa cociñados como o material de hixiene (cueiros, toalliñas, cremas etc).
A Casa
A casa, propiedade do Concello, trátase da antiga casa do médico, que durante moitos anos foi destinada a uso sanitario.
A principios de 2016 foi rehabilitada mantendo a súa distribución orixinal,con aseo e cociña, axustándose así as necesidades do proxecto.
O local, totalmente equipado, busca satisfacer as necesidades dos cativos co fin de permitirlles desenvolver todo o seu
potencial,
tanto físico, motor, afectivo, intelectual e social. Para lograr este obxectivo, a conta con todo o equipamento necesario ,
como pode ser desde o mobiliario ata sistemas de protección infantil.